‘A empresa destroza os petróglifos’, veciños de Moraña reclaman responsabilidades á Xunta e concello

MORAÑA> A veciñanza de Moraña denuncia que a empresa que está a construír o parque eólico está danando numerosos petróglifos. A asociación Amil Sen Eólicos xa reuniu preto de 3 mil sinaturas que entregou á Xunta agardando que a Declaración de impacto ambiental paralice a obra. Tamén esixen responsabilidades ao concello e á Xunta por non paralizar os traballos mentres non se protexan os petróglifos.

A medida que o tempo pasa, o dano no monte Acibal é maior. Así o denuncian os veciños de Moraña. Que advirten que a empresa que está realizando os traballos para construír o parque eólico non ten en conta os petróglifos.

Xunto a estes, son moitos os petróglifos que están sufrindo danos.

A veciñanza pide responsabilidades ao concello e á Xunta por non paralizar as obras.

Buscando a paralización das obras, a veciñanza xa reuniu preto de 3 mil sinaturas co obxectivo de que a declaración de impacto ambiental paralice a obra.

A veciñanza esgotará todas as vías posibles para paralizar ás obras. Ante o silencio da Xunta e do concello, xa solicitaron ditames e informes ao consello da cultura galega, a real academia galega de belas artes, á valedora do pobo e ao defensor do pueblo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí