Buscan a un pescador desaparecido en Cabío

    POBRA> Buscan por terra e mar a un pescador presuntamente desaparecido a pasada noite en Cabío. Dous turistas deron a voz de alarma ó escoitar berros de auxilio dende o mar. Os equipos de emerxencia atoparon roupa e obxectos que poderían pertencer ó desaparecido aínda que, de momento, non se presentou ningunha denuncia por desaparición. O testemuño dos turistas que deron a voz de alarma e unha serie de efectos persoais achados na zona son os únicos indicios cos que contan as forzas de seguridade para esclarecer o acontecido.