Portos dotará de cámaras de videovixilancia ós recintos portuarios

    visitapresidenteportosribeira.jpgRIBEIRA> O presidente de Portos comprobou tamén a marcha dos traballos de mellora do pavimento e da sinalización interior da zona portuaria.

    {flowplayer}barbanza/visitapresidenteportosribeira.flv{/flowplayer}

    O presidente de Portos de Galicia, José Juan Duran, fixo un percorrido polas instalacións do peirao para comprobar a marcha das obras que se están a levar a cabo actualmente, que teñen coma principal obxectivo subsanar as deficiencias que existían na sinalización viaria das instalacións portuarias para afondar na seguridade viaria dentro do recinto. Ademais estase a proceder tamén á reparación daquelas zonas máis deterioradas do firme. O prazo previsto para a execución dos traballos é dun mes.

    Cámaras vídeo-vixilancia

    Na súa visita a Ribeira, o presidente de Portos de Galicia referiuse tamén os trámites iniciados dende o ente público para sacar adiante o concurso para a instalación de cámaras de vixilancia nos portos para evitar a proliferación dos roubos.

    Reposición barreiras

    Tamén informou da intención de Portos de repoñer as barreiras de entrada e saída ós recintos portuarios, moitas das cales se atopan nun pésimo estado.

     Redacción Barbanza