BOIRO> O director xeral de Orientación e Promoción Laboral visitou ós alumnos do obradoiro de emprego de hostalería que se está a desenvolver en Boiro. Alí anunciou que aínda está aberto o prazo para presentar solicitudes no marco do proframa ‘Emprego Mozo’ dirixido a menores de trinta anos.
Este venres 21 pecha o prazo para que os concellos concorran ás axudas do novo programa de emprego xuvenil que poñerá en marca a Xunta de Galicia. Emprego Mozo destinará sete millóns de euros á realización de vinte obradoiros formativos en toda Galicia. Este programa vén substituír ós obradoiros de garantia xuvenil coa incorporación de moitas novidades.
Pablo Casal explicou os detalles deste novo programa na visita ós alumnos de cociña e de restauración que participan no obradoiro de emprego que se desenvolve no centro de formación de Espiñeira en Boiro.
O alcalde aproveitou a presenza do representante autonómico para reivindicar a importancia destas liñas de colaboración que permiten a inserción laboral dos colectivos con maiores dificultades.
Inserto