BARBANZA> Os nacionalistas rexistrarán mocións en tódolos concellos e esixirán no Parlamento que se resolvan os problemas que presenta actualmente o servizo.
Os problemas no servizo do transporte na comarca do Barbanza seguen a ser unha constante. A nova adxudicación do servizo por parte da Xunta a primeiros de ano, lonxe de resolver os problemas que existían, agravounos aínda máis, sendo numerosas as queixas dos veciños dos diferentes concellos que integran a comarca.
Os nacionalistas tamén denuncian a falta de información con respecto ás rutas e horarios, os problemas de accesibilidade para os usuarios e o transporte compartido.
Por todos estes motivos o BNG vai repartir información entre a veciñanza coas propostas que formulan para mellorar o transporte público, rexistran tamén iniciativas a nivel municipal en todos os concellos da comarca e no Parlamento para esixir que a consellaría de Infraestruturas e Mobilidade resolvan os problemas de maneira inmediata.