O Bar Plaza divulgará os actos do centenario a través da súa web

    RIBEIRA > O concelleiro de Cultura de Ribeira, Luciano Fernández, e o xerente do Bar Plaza, Antonio Lijó, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal o establecemento hostaleiro divulgará a través da súa páxina web toda a información relativa ós actos do centenario. Este é o primeiro convenio que se asina cunha entidade privada.

    centenario_300_210606.jpgA páxina web deste establecemento hostaleiro ribeirés situado na Praza de Compostela, www.barplaza.com, pasa por ser unha das máis visitadas da comarca do Barbanza. Diariamente son moitos os internautas, a maioría deles oriundos de Ribeira, que dende distintas cidades do mundo se conectan con esta páxina para coñece-los últimos acontecementos da vida política, social e cultural do municipio

    Por esta razón e debido fundamentalmente a que dende o ano 1996 lévanse contabilizado nesta páxina unhas 323.640 visitas, o concello de Ribeira creu convinte asinar un convenio con este establecemento para que a través do seu portal se poidan coñece-las actividades programadas dentro dos actos do centenario.

    O convenio asinado co Bar Plaza é o primeiro asinado polo concello ribeirés cunha entidade privada, aínda que o edil de Cultura sinalou que o executivo está aberto a que outros colectivos poidan tamén colaborar cos actos do centenario.

    O xerente do Bar Plaza, Antonio Lijó, sinalou que o que se pretende con este convenio non é máis que darlle publicidade o centenario para que este poida ser coñecido en todo o mundo.

    Redacción Barbanza