Varios activistas da causa saharaui serán homenaxeados en Vigo

    BARBANZA> A Delegación no Barbanza da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui fai un chamamento á veciñanza da comarca a participar nesta homenaxe que se celebrará o 2 de maio. Embarka Brahim, Sidi Mohamed Dadach, Fernando Peraita, Carmelo Ramírez e José Taboada serán os seis activistas homenaxeados o próximo dous de maio en Vigo, nun acto que se desenvolverá no Pazo Quiñones de Leon, onde terá lugar, en primeira instancia, unha recepción oficial e unha entrega de recoñecementos, e no parque de Castrelos, posteriormente, onde se celebrará unha comida conxunta. A homenaxe parte do Movemento Solidario do Estado Español, en recoñecemento ó traballo que estas seis persoas desempeñan pola dignidade e a liberdade do pobo saharaui. Dende a delegación no Barbanza da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui fan un chamamento á veciñanza da comarca a asistir a este acto. Para iso será necesaria previamente a retirada dunha invitación, cun custe de 25 euros. A Delegación no Barbanza da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui aproveitou tamén o acto para facer unha chamada de atención ás familias da comarca sobre a necesidade de poder acoller este verán a nenos procedentes dos campos de refuxiados de Tinduf, no marco do programa ‘Vacacións en Paz’, debido ás necesidades urxentes neste territorio.