Nemesio Ordoñez executará o paseo de Area Secada á Ameixida

    RIBEIRA> A empresa boirense obtivo a mellor clasificación entre as 25 propostas presentadas, cunha oferta económica de 331.780 euros e un prazo de execución de 120 días.

    O goberno local adxudicou provisionalmente a execución da recuperación e interpretación da senda mariñeira entre Area Secada e o porto da Ameixida: unha das actuacións incluídas dentro do proxecto “Riveira Atlántica 2015”, que está cofinanciado nun 70% con fondos europeos Feder. Numesio Ordoñez ten un prazo de 10 días hábiles para presentar a documentación que corresponde conforme ao plego de cláusulas administrativas. O proxecto prolongará o paseo marítimo polo borde litoral que une Ribeira e o Touro, unha distancia de 560 metros. A senda mariñeira plantexada concíbese como un elemento integrador do medio costeiro-litoral no medio terrestre a través da recuperación para uso público desta franxa, cuxa abrupta orografía dificultan a accesibilidade nalgúns puntos. Co obxectivo de causar o menor impacto visual, empregaranse na construción distintos materiais acordes co entorno. Fundamentalmente madeira, zahorra artificial e pavimento térreo tipo Aripaq. Ademais, será necesario levantar muros de contención nalgún tramo.