A Pobra repite cunha nova edición do programa ‘Camiños de Coñecemento e Experiencia’ da USC

A POBRA> Un ano máis o concello da Pobra, en colaboración coa USC, porá en marcha unha nova edición do programa ‘Camiños de Coñecemento e Experiencia’. A actividade dirixida a maiores de cincuenta anos, terá lugar no mes de abril e versará sobre patrimonio industrial, música clásica galega e astronomía.

Por cuarto ano consecutivo o concello da Pobra participará no programa da Universidade de Santiago ‘Camiños de Coñecemento e Experiencia’. A actividade, presentada esta mañá no Concello, está dirixida a maiores de cincuenta anos. Desenvolverase a partir do 19 de abril e nesta edición enmarcarase nas temáticas do patrimonio industrial, da música clásica galega e da astronomía.

A actividade levarase a cabo no auditorio do Museo Valle-Inclán seguindo as medidas sanitarias implantadas por mor da covid. A matrícula é gratuíta e disponse un límite de 25 prazas. As persoas interesadas poden formalizar xa a súa inscrición ou solicitar máis información na casa da cultura Raquel Fernández Soler, co teléfono de contacto 981-83 15 45.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí