Detidos dous boirenses como presuntos autores dun roubo a unha xoiería

BOIRO> Os dous ladróns, veciños da localidade e vellos coñecidos das forzas da orde, aproveitaron o horario de peche do local para romper parte do vidro do escaparate do establecemento comercial e subtraer dun dos estantes un total de 48 pezas de xoiería.

As xoias estaban valoradas nuns catro mil euros.

Os dous detidos xa pasaron a disposición d Xulgado de Instrución de Garda de Ribeira.

Do total das pezas roubadas, a Garda Civil puido recuperar unhas oito, que xa foran vendidas a terceiras persoas, que descoñecían a orixe ilícita das mesmas.

As xoias recuperadas foron entregadas voluntariamente no cuartel unha vez lle foron requiridas.

Dende o Instituto Armado inciden na importancia de non adquirir efectos de dubidosa procedencia, xa que se podería incorrer nun delito de receptación se estes son froito de roubos ou outros feitos ilícitos.

De ter sospeitas, dende a Garda Civil aseguran que o mellor, é comunicarllo directamente ás forzas da orde.