A policía deten a O Piturro nunha operación antidroga

    VILANOVA > A policía interceptou un barco con 3.500 quilos de cocaína a bordo en altamar. Foi localizado a 500 millas de Cádiz con varios tripulantes a bordo. Entre eles atópase un arousán veciño de San Miguel de Deiro en Vilanova de Arousa. Trátase dun coñecido narcotraficante implicado en anteriores operacións.

    casapiturro_300_220606.jpgA sorte non foi precisamente o que acompañou a Manuel Vázquez, o Piturro, na súa travesía por altamar. A súa casa en San Miguel de Deiro permanecía pechada a cal e canto na tarde do xoves. As novas eran malas: a Brigada Central de Estupefacientes en colaboración cos GEO abordaba a embarcación na que viaxaba a cincocentas millas de Cádiz.

    Manuel o Piturro está implicado en operacións anteriores, como o alixo doutros 2.000 quilos de cocaína que apareceron flotando en augas da localidade coruñesa de Cedeira. Ademais do Piturro foron detidas outras cinco persoas (tres españois e dous colombianos). O Piertertje, que así se chama o barco, está aínda en altamar e ten prevista a chegada a Cádiz sobre as dúas da tarde de mañá. A policía efectuou diversos rexistros na comarca pontevedresa do Salnés e espera que se produzan novas detencións en terra.

    Redacción Salnés