GROVE> Dos 5716 vehículos controlados pola policía nunha semana, foron 61 os sancionados por superalo límite de velocidade.
{flowplayer}images/salnes/RADAR_GROVE.flv{/flowplayer}
Durante o período comprendido entre o 10 e o 16 de marzo o radar de tráfico controlou 5716 vehículos dos cales 61 foron sancionados ó superalo límite de velocidade polas principais rúas de O Grove.
Unhas cifras que diminuíron con respecto a períodos anteriores. Por iso, para o edil de Seguridade Cidadá, Alfredo Bea, supón todo un éxito.
A rúa Xoán XXIII é un dos tramos onde máis infractores se rexistraron. Estas cifras, lonxe de ser unha medida recaudatoria, tenta, tal e coma explicou Alfredo Bea, tenta concienciar ós condutores no respecto ás normas de tráfico.
E é que Bea aclarou que o radar está un 30% por enriba do límite de velocidade, polo que non se activa ata os 65 km/h. O infractor máis grave recibiu unha sanción de 400 euros e a perda de catro puntos.
Na rúa, a maioría dos veciños amosaron a súa conformidade coa utilización do radar xa que consideran que contribúe á seguridade viaria. Outros sinalaron que é unha medida recaudatoria máis.
Alfredo Bea asegurou que o radar seguirá funcionando nestes parámetros ata acadar unha cifras o menor significativas posible.
Redacción Salnés