VILAGARCIA> Vilagarcía presenta o programa cultura das Festas de San Roque con máis de 50 eventos. Do calendario de actividades caese de novo a festa da auga ao non poder cumprir coas normativas sanitarias. Entre os concertos máis destacados atópanse Fuel Fandango, Imaculate Fools, Lucía Pérez e Álvaro de Luna.
Cun cartel elaborado polo artista Xosé Vizoso, o concello de Vilagarcía deu a coñecer a programación das festas de San Roque. O programa estará de novo adaptado as restricións sanitarias, pero este ano presenta unha oferta cultural moi completa con máis de 50 eventos. Actividades entre as cales non estarán tampouco este verán nin a festa da auga nin o combate naval.
Entre os 50 eventos inclúense os concertos de artistas consagrados como Fuel Fandango, Imaculate Fools, Lucía Pérez, Funzo e Baby loud , Álvaro de Luna e Baiuca con outros autonómicos, locais ou emerxentes como TNT Band, Wyygga, Catuxa Salon e Perseguidor entre outros. Artistas para todos os públicos e de todos os estilos.
Ademais dos concertos, a programación de San Roque inclúe o Cine na Rúa, o Festaclown, pasacalles, monólogos, poesía e actividades para os máis pequenos. Eventos que se realizarán en todas as parroquias.
Outra das novidades deste ano é que o pregón correrá a cargo dos xogadores do Arosa.
A programación complétase coas actuacións da orquestra América e da Duendeneta e pecharase cos festivais Folk no Alobre, Ameixa Rock e Revendias. Todos os eventos se celebrarán entre os 6 de agosto e o 12 de setembro.