Os veciños das Abesadas denuncian o mal estado en que se atopa a zona

    RIBEIRA > Os veciños da zona das Abesadas, en Ribeira, veñen de amosar o seu malestar ante o estado de abandono no que se atopa este barrio. Os residentes denuncian a falla de limpeza e o mal estado das rúas así como as deficiencias na recepción da sinal de televisión e na liña telefónica.

    abesadas_200_230606.jpgDestas reivindicacións fíxose eco o BNG que xa mantivo unha reunión cos veciños afectados para coñecer de primeira man as súas queixas. As máis urxentes refírense á falla de limpeza que presenta este barrio agravada pola escaseza de contedores para o lixo ou o mal estado do pavimento das rúas e zonas verdes. Neste sentido, o parque situado ó carón do supermercado atópase nun total estado de abandono e, son moitos os pais, que insisten en que non reúne as condicións de seguridade para que os activos poidan xogar tranquilos.

    Os residentes solicitan tamén unha mellora da sinalización viaria así como que se subsanen as deficiencias na colexión telefónica e na recepción da sinal de televisión que, na maioría dos casos, é pésima.

    Para conseguir que as súas reivindicacións sexan escoitadas polo goberno municipal os veciños teñen previsto constituír unha plataforma. Mentres tanto, xa teñen convocada unha concentración de protesta para o vindeiro mércores.

    Os nacionalistas, pola súa banda, van presentar unha iniciativa no concello solicitando o acondicionamento integral desta zona que o executivo vén prometendo, dende hai tempo, sen que polo momento se acometera ningunha mellora.

    Redacción Barbanza