O concello pobrés inaugurará a próxima semana o Paseo da Pedra da Moura

    pedramoura_100_270606.jpgPOBRA > O concello da Pobra do Caramiñal agarda poder inaugura-lo paseo marítimo de Punta Mosquetón a Punta Cabío o vindeiro sete de xullo. A actuación, sufragada na súa totalidade polo Ministerio de Medio Ambiente cun presuposto que superou os 733 mil euros, representa un atractivo máis para este concello no que o sector turístico está a acadar cada vez maior importancia.

    Hai aproximadamente un mes remataban as obras de construción do paseo da Pedra da Moura. Un proxecto que consistiu basicamente na recuperación e mellora do borde marítimo comprendido entre Punta Mosquetón e Punta Cabío na Pobra do Caramiñal. Esta actuación foi sufragada na súa totalidade polo Ministerio de Medio Ambiente cun presuposto que superou os 733 mil euros. O resultado non puido ser do máis satisfatorio potenciando un lugar e unha zona de gran valor paisaxístico.

    O executivo pobrés pretende ademais continuar no seu empeño de mellora-lo borde litoral de todo o concello, de aí que o seu próximo proxecto pase por prolongar este paseo ata conecta-lo co existente no Xobre e así co casco urbano. Máis de seis quilómetros de paseo marítimo.pedramoura_200_270606.jpg

    Cada día son máis as persoas que se achegan ata esta zona para pasear e contempla-las fermosas postas de sol, dende os propios miradores alí existentes. A través  do paseo que se inicia na zona do cámping con pedra e que posteriormente se transforma en sendas peonís de madeira, pobreses e visitantes percorren diariamente esta bela estampa sobre a ría de Arousa e que ata hai ben pouco tempo era practicamente descoñecida.

    Redacción Barbanza