A Xunta destaca potencial da industria galega de transformación de produtos do mar

POBRA> Acompañados polo presidente e fundador de Actemsa, Severino Escurís Batalla, e diferentes membros do seu Consello de Administración, o vicepresidente da Xunta, Diego Calvo, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitaron as instalacións desta firma asentada no polígono da Tomada para coñecer polo miúdo o traballo que realizan, sendo unha das compañías de referencia en Galicia dedicada á importación e exportación a nivel mundial de pescado conxelado e ó procesado de túnidos e servizos de conxelación.

Durante a visita puxeron en valor o potencial da industria galega de transformación de produtos do mar, da que forma parte esta empresa, manifestando a súa preocupación pola exclusión por parte do Goberno Central deste sector dos Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica do ámbito agroalimentario.

Precisamente a firma, que se atopa en pleno plan de expansión e crecemento, podería verse afectada por esta falla de axudas.

Actemsa, cun crecemento en 2021 de 156 millóns de euros, conta cun cadro de persoal de máis de 300 traballadores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí