O primeiro de xullo arrancarán os concertos do centenario en Ribeira

    RIBEIRA > O vindeiro 1 de xullo terá lugar a festa popular do centenario de Ribeira que dará o pistoletazo de saída ós numerosos concertos que con motivo desta celebración terán lugar en Ribeira durante todo o verán. Artistas como Los Suaves, Coti, Pereza, Berrogüeto ou Luar no Lubre compoñen o variado cartel musical programado para os meses de xullo e agosto.

    Os encargados de inaugurar os concertos do centenario serán os grupos de Folk tradicional Brath e Berrogüeto que poñerán a nota musical á festa popular que se celebrará o próximo sábado 1 de xullo no malecón ribeirés. A vindeira cita terá lugar o sábado oito ás doce da noite no recheo da lonxa coa actuación de Los Suaves mentres que Luar na Lubre ofrecerán un concerto o venres día 14 ás 11 da noite no malecón.concertos_200_270606.jpg

    O arxentino Coti será o encargado de clausurar as actuacións do mes de xullo cun concertoi que dará comezo ás 11 da noite e de seguro que consigue reunir un gran número de público no recheo da lonxa.

    O mes de agosto tamén se reserva dous números musicais de calidade coa actuación de Pereza o luns 14 e Muchachito Bombo Infierno o venres 18.

    Co obxectivo de promocionar tódolos actos de celebración dos cen anos de Ribeira como cidade, a partir do un de xullo comezarase a emitir nas pantallas dos autobuses urbanos de Santiago e A Coruña unha serie de spots anunciando a actuacións previstas parac cada semana. Deste xeito tan novidoso preténdese atraer a maior cantidade de público á localidade para celebrar o centenario de xeito multitudinario.

    Redacción Barbanza