![]()
RIBEIRA > A Asociación de Veciños Cruceiro de Bandourrío vén de amosar a súa indignación ante o feito de que o concello de Ribeira habilitará un servizo de asesoramento xurídico para os hostaleiros afectados polas taxas de Portos. O colectivo considera que constitúe un agravio comparativo con respecto ó resto dos cidadáns que non obteñen ningún servizo gratuíto cando pretenden iniciar un proceso xudicial de xeito particular.
De ‘inxusta e arbitraria’ cualifican os membros da asociación de veciños Cruceiro de Bandourrío a decisión do executivo ribeirés de proporcionar asesoramento xurídico gratuíto ós hostaleiros afectados polo cobro de taxas pola ocupación da zona portuaria anunciado por Portos de Galicia. Os veciños non entenden porque se favorece a este colectivo con diñeiro das arcas municipais cando o resto dos cidadáns deben aboa-los gastos cando pretenden entablar algún recurso establecido na orde xurisdiccional.
O presidente da entidade sostén que, por esa regla de tres tódolos cidadáns deberían contar co apoio económico do goberno nestes supostos posto que se non tratariase dun claro caso de discriminación.
O presidente do colectivo considera que esta decisión amosa unha total ‘falla de ética política’ posto que, ó seu entender, existen intereses ocultos detrás deste ‘favoritismo’ hacia os negocios hostaleiros.
Redacción Barbanza










