Noia Histórica deseña unha campaña chea de novidades para este Nadal

NOIA> Noia Histórica e o concello presentaron a programación conxunta para este Nadal. A decoración, na que participaron os escolares do municipio, marcará a diferenza desta campaña na que a ambientación das rúas e as actividades de animación cobran especial relevancia.

Moitas novidades na campaña comercial de Noia Histórica para este Nadal. Por decisión dos socios este ano non haberá sorteo de premios. Serán as actividades de animación e decoración das rúas as que marquen a diferenza do Nadal noiés.

Fotografías que poderán presentarse ó concurso convocado polas redes sociais para elixir o mellor selfie coa decoración navideña.

Como en anos anteriores, volverá circular polas rúas noiesas o tren infantil e porase en marcha o servizo de ludoteca. este ano contará ademais con consigna para deixar os paquetes mentres continúan coas súas compras.

Instalarase tamén un photocall co trineo de papá noel os días 23 e 24 na praza do Curro. E como aperitivo ó día de Reis celebrarase unha chocolatada o 4 de xaneiro na rúa do Cantón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí