Polo menos 15 detidos nunha redada contra o narcotráfico en Pontevedra

    PONTEVEDRA > 15 son alomenos os detidos na operación VOLUSIA contra o narcotráfico levada a cabo dende as 6 da pasada madrugada no poboado chabolista de O Vao, en Poio, en Mourente, Cesures e Cambados. A operación iniciouse no poboado xitano, coa participación dun centenar de axentes e un helicóptero. O obxectivo da operación é desmantelar unha suposta rede de tráfico e distribución de cocaína, heroína e haxix da provincia de Pontevedra, na que poderían estar implicadas diversas persoas da comunidade xitana.

    redadabao_300_270606.jpgNo poboado chabolista do Vao non se amosaban moi receptivos á chegada de medios de comunicación que puideran recoller en imaxes as detencións de varias persoas de etnia xitana. A detención dos 15 individuos de etnia xitana, agás dous e dos primeiros 8 mulleres, tivo lugar no poboado chabolista, nos barrios de Mourente e Lérez en Pontevedra capital, Pontecesures e Cambados.

    Os detidos xitanos son membros de 3 familias. Este poboado, un dos focos de venda de droga máis concorrido da provincia de Pontevedra, está considerado, segundo o presidente da asociación de loita contra a droga Albatros de Vilagarcía de Arousa, Eduardo Rubianes, ‘o hipermercado da droga’, polo que considera que esta operación chega demasiado tarde e vai traer consecuencias moi negativas, pola posibilidade de que aumenten os roubos e atracos.

    Rubianes explicou que a droga se vende no Vao a bo prezo e no mercado tradicional este prezo é superior, polo que a desaparición deste mercado vai provocar que haxa mais roubos porque a demanda continuará e o prezo da droga será maior.Tarde ou cedo, a prioridade das dos axentes de UDICO, do GRECO e da Policía Xudicial está agora centrada en continuar coas detencións e desartellar esta rede de venda e distribución de droga a mediana escala, que coas transaccións diarias chegaba a importantes cantidades.

    Os detidos foron trasladados á comisaría de Pontevedra e á de Vilagarcía de Arousa, onde se sucederon ó longo de todo o día os interrogatorios ós detidos. As dilixencias xudiciais desta operación están en mans do Xulgado de instrucción número 2 de Pontevedra. Na operación VOLUSIA leváronse a cabo alomenos 8 rexistros domiciliarios, onde se incautaron xoias roubadas, electrodomésticos, móbiles e droga, así como aparellos para a súa manipulación.

    Material incautado

     

    Precisamente eses efectos incautados á rede desartellada a pasada madrugada foron expostos a última hora da tarde na comisaría de Pontevedra. Foron achados en 5 chabolas de O Vao, e en vivendas de Pontevedra, Pontecesures e Cambados. Os rexistros deron como resultado o achádego de 900 gramos de cocaína, 100 de heroína, sustancia de corte en varias vivendas, uns 100.000 euros, varias básculas de precisión, xoias cun peso aproximado de máis de 2 quilos e medio de ouro, unha arma de fogo con munición, unha pistola de aire comprimido e unha carabina cos canóns e culata recortados, armas brancas como catanas e machetes, recortes de plástico para envoltorio de doses e numerosos teléfonos móbiles.

     

    A investigación, iniciada no pasado mes de febreiro, comezou por unha denuncia de actividades de menudeo no mundo xitano dirixida á fiscalia antidroga da policía local de Pontevedra a finais do pasado ano. Como consecuencia da investigación, chegouse a saber que a cantidade media de mercadoría que se podía vender á semana podería alcanzar en torno a uns 2 quilos de cocaína e preto de 1 quilo de heroína. A operación VOLUSIA centrouse no poboado de O Vao, un asentamento marxinal ó que acudían día e noite gran número de drogodependentes para aprovisionarse de estupefacentes. En moitas ocasións,  consumían estas sustancias no interior das chabolas para evitar ser interceptados. A operación VOLUSIA continua aberta. 

     

    Redacción Salnés