![]()
POBRA > A decisión da Consellería de Política Territorial de paraliza-las obras de ampliación do cámping de Lombiña-Cabío na Pobra do Caramiñal e de abrirlle un expediente sancionador ó empresario pobrés propietario destas instalacións, Manuel Domingo Rodríguez, causaron certa estrañeza neste, ó non ter recibido polo de agora orde de paralización.
Segundo el na actualidade non se está a executar obra algunha no cámping e os traballos que se levaron a cabo coincidiron co proceso de construción do paseo marítimo de Pedra da Moura, cando se retranqueou un dos muros do recinto para amplia-lo espazo público e dotouse de peche ó terreo cedido a raíz da sinatura dun convenio co propio concello.
Manuel Domigo sinalou tamén sentirse perseguido como empresario. O único que pide e que o deixen traballar tranquilamente.
Redacción Barbanza









