BARBANZA> O Comité Electoral do Partido Popular na provincia da Coruña, designou esta pasada fin de semana ós que serán cabezas de lista desta formación política para as próximas eleccións municipais de 2015 nos concellos pertencentes ó Partido Xudicial de Santiago, entre os que se atopa tamén Rianxo. Neste concello volverá a repetir Vanessa Martínez Durán, actual portavoz municipal na corporación, e que xa concorrera coma cabeza de lista deste partido no 2011. Tampouco haberá sorpresas nos concellos de Dodro e Padrón, onde repetirán os dous actuais alcaldes, Valentín Alfonsín Somoza e Antonio Fernández Angueira, respectivamente. A intención do PP pasa por presentar nas próximas semanas ós que serán cabezas de lista nos Partidos Xudiciais que restan, entre eles o de Noia, que engloba ós concellos do Barbanza e Muros-Noia.
Inicio Barbanza - Muros - Noia