Ribeira acolleu hoxe a ‘Semana da prevención de incendios 2018’

RIBEIRA> A actividade, organizada polo Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, en colaboración coa da Fundación Maphre, pretende formar a escolares e público en xeral sobre a prevención e protocolos de actuación en caso de sinistros. O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, foi o encargado de inaugurar, xunto co alcalde da localidade, Manuel Ruíz, esta primeira xornada da Semana de Prevención de Incendios, organizada polo Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña. Trátase dunha iniciativa de ámbito nacional que se celebra simultáneamente en diversas localidades de toda España. Na súa intervención director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, tamén destacou a importancia de sensibilizar a toda a sociedade, principalmente ós escolares e ás persoas maiores, de que a prevención é un elemento esencial para evitar que ocorran sinistros como é o caso dos incendios no fogar. A xornada, que terá continuidade mañá martes en Boiro, completouse con diversas actividades paralelas para escolares e público en xeral nas que se incluiron exposicións de vehículos dos corpos de emerxencias, charlas, videos e demostracións na praza do Centenario e tamén na antiga carpa do mercado.