O atuneiro ‘Sunny Jane’ deberá abandona-las augas españolas

    POBRA > O Ministerio de Pesca impide descargar no porto da Pobra do Caramiñal a un buque ó estar incluido na lista europea de barcos sospeitosos de executar prácticas de pesca ilegais. O atuneiro deberá abandonar as augas españolas nos próximos días para poder deixar en terra a carga de atún que leva nas súas bodegas.

    buque_200_050706.jpgO buque mercante Sunny Jane, de orixe rusa, leva varios días fondeado fronte ó porto da Pobra do Caramiñal, logo de que o Ministerio de Pesca prohibíse a súa entrada no dársena pobresa.

    O barco solicitou ás autoridades pesqueiras españolas o permiso para atracar no porto e descargar o atún conxelado que alberga nas súas bodegas, pero éstas denegáronllo.

    O motivo parece ser, según indicaron fontes da Secretaría Xeral de Pesca Marítima, que a embarcación figura na lista de buques sospeitos de realizar capturas ilegais, non reguladas e non reportadas.

    Os países pertencentes á Comisión de Pesqueirías do Atlántico Nororiental, entre eles España, acordaron o pasado mes de decembro impedir que os barcos que se incluísen nesa lista negra descargaran nos seus portos, polo que o buque deberá abandonar as augas españolas nos próximos dias, o que supón que a carga non poderá ser entregada ós compradores.

    A embarcación, que ten a base en Rusia pero que foi fletada por unha compañía da zona para abastecer ás empresas da comarca, xa estivo noutras ocasións en portos españois, a última da que se ten constancia, o pasado mes de marzo no porto das Palmas.

    Pero esta non é a primeira vez que as autoridades pesqueiras impiden a entrada dun buque ó peirao pobrense xa que fai uns anos un barco de características similares non puido descargar na Pobra por non ter ben documentadas as capturas que traía nas bodegas. Con estas medidas, as autoridades pretenden acabar coas descargas en portos españois de embaracións que practican a pesca ilegal.

    Redacción Barbanza