A Bandeira Azul, a da Q de Calidade e a de Galicia Calidade xa locen no Náutico crucense

BOIRO> Esta mañá tiña lugar o acto simbólico do izado das tres bandeiras. O porto deportivo recibe estes distintivos por oitavo ano consecutivo, en recoñecemento á excelencia na xestión e na calidade ambiental.

O Club Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz realizou esta mañá o acto simbólico de izado da Bandeira Azul, a Q de Calidade e a de Galicia Calidade. O porto crucense é un dos poucos en toda a ría de Arousa no que este ano ondearán as tres bandeiras xuntas. Distintivos todos eles que veñen a recoñecer os máximos estándares de calidade no que se refire a instalacións, servizos e xestión. Un feito que enche de satisfacción á directiva do Náutico crucense.

O acto contou ademais coa presenza do edil de Deportes, Marcos Fajardo, e do alcalde, José Ramón Romero. os dous destacaron o traballo realizado durante estes últimos anos pola directiva do Club, para converter a este porto deportivo nun dos mellor valorados de Galicia. Tamén foron convidados a este acto os presidentes da práctica totalidade de clubs e entidades deportivas do municipio que non dubidaron facerse a tradicional foto de rigor. Unha instantánea que de seguro quedará para o recordo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí