A baixura afronta con dificultade a regularización da flota

    bieitoconfrariaribeira.jpgRIBEIRA> Bieito Lobeira mantivo un encontro cos representantes das distintas confrarías para recoller as inquedanzas do sector e trasladalas ó Parlamento.

    {flowplayer}barbanza/visitabieitolobeiraribeira.flv{/flowplayer}

    Durante o seu percorrido polas confrarías ribeirenses, no marco da rolda de visitas programadas polo BNG coincidindo co inicio do curso político, o deputado Bieito Lobeira tivo ocasión de escoitar os problemas que manteñen en xaque á flota de baixura. Un dos máis acuciantes é o baixo prezo do peixe en lonxa que non chega ós produtores nin tan sequera para cubrir os gastos.

    Prezos abusivos

    Precisamente, con respecto ó prezo do combustible, a voceira municpal do BNG informou sobre o acordo unánime do pleno para solicitar axudas, do mesmo xeito que xa se teñen adoptado noutros portos da comunidade.

    O proceso para a regularización da flota, que remata o próximo 24 de outubro, foi outro dos eixos centrais da reunión posto que na comarca existen centos de embarcacións que non poderán seguir a traballar unha vez entre en vigor a lei.

    O acordo para a retirada da gaiola de salmón na ría de Arousa ou as restriccións na pesca de determinadas especies completaron a relación de temas a tratar cos sectores afectados.

    Redacción Barbanza