Malestar no sector de recreo polas limitacións de acceso ás Illas Atlánticas

    nutico_100_140706.jpgRIBEIRA > A sala de conferencias do Club Náutico de Ribeira acolleu unha charla para analizar as consecuencias derivadas da declaración das Illas Atlánticas de Galicia como Parque Nacional. Os asistentes amosaron o seu malestar ante as restriccións de acceso que se lle impoñen ós deportivos cando existe moita máis liberdade para a flota artesanal.

    Preto de cento cincuenta persoas asistiron á charla impartida por José Carlos Matilla García, 1º Cabo da Garda Civil e Xefe da Patrulla Fiscal Territorial de Ribeira. O poñente, que estivo acompañado na mesa polo presidente do Náutico, Óscar Manuel López, e o comodoro do Club, Juan Doval, iniciou o seu relatorio informando sobre a documentación e titulación esixibles ás embarcacións de recreo.

    Sen embargo, o tema que levantou maior expectación entre os asistentes foi o referido ás consecuencias derivadas da Lei 15/2002 do 1 de xullo pola cal se declara parque nacional marítimo terrestre ás Illas Atlánticas de Galicia. Matilla García explicou as diversas autorizacións que son precisas para fondear ou atracar en certas áreas e que establecen importantes diferencias entre os sectores que operan no mar. Precisamente este foi o principal asunto sobre o que xirou o coloquio iniciado unha vez rematada a ponencia e no que interviñeron numerosos asistentes que querían resolve-las súas dúbidas relacionadas coa liberdade de acceso ós parques.nutico_200_140706.jpg

    As intervencións dos asistentes puxeron de manifesto o descontento existente entre os afeccionados á navegación de recreo dado que existen importantes limitacións á hora de acceder ó entorno das illas coas súas embarcacións, tendo que solicitar ata tres permisos diferentes para pasar por certas zonas, fondear ou atracar. Moitos dos asistentes criticaron o feito de que exista unha maior permisividade coa flota artesanal  e outros sectores, en detrimento dos deportivos.

    Redacción Barbanza