A Pobra oferta este curso unha vintena de escolas deportivas para nenos e adultos

A POBRA> Unha vintena de disciplinas integran as escolas deportivas da Pobra para este inverno. Remo, artes marciais, atletismo, xadrez e todo tipo de deportes para nenos e adultos conforman a programación deportiva para o presente curso.

Xa están abertas as inscricións para as escolas deportivas da Pobra durante o presente curso. O concello oferta unha ampla variedade con ata 19 disciplinas para nenos e adultos.  A concellería de deportes xestiona directamente as escolas de predeporte e fútbol sala mentres que o resto son impartidas en colaboración cos diferentes clubs deportivos do municipio.

En canto ás tarifas, establécense bonificacións para irmáns no caso dos nenos mentres que os adultos tamén terán descontos se se apuntan a máis dunha escola. Haberá ademais novidades no pago das cotas que serán por cuadrimestre e non bimensuais.

Os interesados en participar deben entregar o formulario cuberto no rexistro do concello ou  a través da sede electrónica. O pago realizarase unha vez confirmada a matrícula.