![]()
BOIRO > O Concello de Boiro, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, contará este verán con novos produtos de merchandising na súa oficina de turismo. O obxectivo deste material é promocionar o patrimonio turístico da localidade non só entre os visitantes senón tamén entre os veciños do concello.
O edil de turismo de Boiro, Manuel Velo Velo, foi o encargado de presentar o novo material de promoción turística que se vai a poñer a disposición dos usuarios na oficina de turismo da localidade. Entre os produtos de merchandising, editados en colaboración coa Deputación Provincial, atópanse uns marcapáxinas con imaxes representativas do concello e coa anotación dos teléfonos máis útiles para os turistas; un plano de Boiro en formato de bosillo; unha colección de postais que son un complemento ós paneis turísticos de sinalización de recursos espallados polo municipio ou uns pequenos cinceiros para levar á praia ou á piscina.
Este material de promoción poderase recoller na oficina de turismo e está destinado non só a informar ós turistas dos principais lugares de interese senón tamén a promocinar o pobo entre os propios veciños da localidade xa que Boiro ten un gran patrimonio que debe promocionar e conservar.
Neste senso, Velo Velo aproveitou a ocasión para pedir a colaboración dos cidadáns para que que contribúan coa limpeza das praias xa que deste xeito, di el, se poderá promocionar mellor a localidade.
Redacción Barbanza









