O concello mellorará os accesos ó parque infantil de Abesadas

    RIBEIRA> Tres meses despois da renovación integral do parque infantil de Abesadas, o Concello de Riveira ten previsto seguir mellorando este entorno a través dunha nova actuación dirixida ao acondicionamento dos camiños que se estenden por toda esta zona recreativa. A obra ten un orzamento superior ós trinta e tres mil euros, con cargo ó remanente de tessourería, e o prazo de execución son dous meses. A actuación focalízase principalmente nos camiños de zahorra que rodean a área de xogos infantís e as zonas axardinadas. Debido ás frecuentes e abundantes choivas, estas pistas deterióranse con facilidade, aparecendo grandes surcos que dificultan o tránsito dos viandantes, o que obriga ao Concello a ter que realizar continuos traballos de mantemento. Así e logo, o proxecto que se vai executar consiste na pavimentación destes camiños cun pavimento continuo terrizo de 15 centímetros de espesor (tipo aripaq ou un material semellante, igual que os empregados noutras actuacións recentes, como a conexión litoral das praias de Coroso e río Azor) situado sobre unha capa de 20 centímetros de zahorra artificial compactada. Previamente, será necesario retirar parte da zahorra existente, para non alterar as cotas, e compactar debidamente a explanada. O proxecto tamén inclúe a instalación dunha rede de pluviais que permita a recollida de augas superficiais.