Rianxo adhírese ó Plan Reactiva da Deputación para a dinamización do comercio e a hostalería

RIANXO> Ó igual que outros concellos da provincia, Rianxo tamén se adheriu ó programa PEL Reactiva, impulsado pola Deputación da Coruña. Con este programa búscase paliar as consecuencias da covid no comercio e na hostalería da vila. No caso de Rianxo contarase cun orzamento de preto dos 162 mil euros.

En total preto dos 162 mil euros. Esta é a cantidade que lle corresponde a Rianxo dentro do programa PEL Reactiva implulsado pola Deputación da Coruña que ten coma principal finalidade intentar paliar as pérdidas económicas que a pandemia ocasionou a pequenas empresas e autónomos. Dese total ó redor de 130 mil serán aportados pola Deputación e a cantidade restante asumida polo Concello.

Nos vindeiros días a Deputación aprobará as bases das achegas ós Concellos, o que permitirá que Rianxo poida dispoñer xa dese capital. As cantidades variarán en cada caso, pero oscilarán entre os 1.500 e os 3000 euros.

O alcalde tamén se referiu á situación que se está a vivir tras o aumento dos casos activos por covid en todo o ámbito nacional e as últimas medidas restritivas impostas dende a Xunta e o Goberno Central. Aínda que Rianxo non se atopa en zona de risco, apela á responsabilidade dos veciños para que a situación non se agrave.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí