Costas aproba o proxecto de rexeneración dos areais rianxeiros

    praiarianxo_100_180706.jpgRIANXO > A Dirección Xeral de Costas deu finalmente luz verde ó proxecto de ‘Rexeneración de varias praias en Rianxo’. Despois dun período de tramitación de tres meses, a proposta foi aprobada o pasado tres de xullo sen recibir ningunha alegación. Agora o seguinte paso será proceder á contratación da obra.

    Preto de dez millóns de euros é o presuposto co que contará o concello de Rianxo para levar a cabo unha ampla reforma nas principais praias da vila. Despois de que a Dirección Xeral de Costas aprobara o prego de condicións para a contratacións das obras o pasado vintesete de marzo, o proxecto foi sometido a exposición pública así como a información dos órganos competentes da Comunidade Autónoma e do concello de Rianxo.praiarianxo_200_170706.jpg

    O documento non recibiu ningún tipo de alegación, polo que Costas procedeu á aprobación definitiva o pasado tres de xullo. O alcalde da vila, Pedro Piñeiro, amosouse satisfeito coa nova e vaticinou que esta reforma suporá a renovación total do litoral rianxeiro.

    Trala aprobación do proxecto, o seguinte paso será a contratación das obras, un trámite que segundo Piñeiro se realizará antes de que remate o ano.

    Redacción Barbanza