A Deputación segue a promover o emprendemento nunha nova edición dos premios PEL

CORUÑA> A Deputación da Coruña fixo entrega dos Premios PEL ás empresas galardoadas. Igalia, Numax e Estudio 1917 Makeup recibiron os distintivos nas categorías empresariais. Tamén foron distinguidos o concello de Vedra e a Asociación de Empresarios de Ferrolterra así como a xornalista Beatriz García Couce.

Un ano máis, e xa van tres, a Deputación da Coruña ratifica o seu compromiso co emprendemento. O pazo de Mariñán acolleu a entrega dos premios PEL que nesta terceira edición aumentaron o número de categorías.

A empresa tecnolóxica Igalia da Coruña recibiu o galardón á Mellor Iniciativa Empresarial Consolidada tras case dúas décadas operando como líder no ámbito do software libre. En canto á mellor iniciativa empresarial nova foi a empresa compostelá Estudio 1917 MakeUp a que se fixo co galardón. Fundada hai menos dun ano, esta firma especializada en maquillaxe e  caracterización para producións audiovisuais e de moda non deixou de medrar.

O mesmo acontece coa cooperativa cultural Numax de Santiago, premiada na categoría de iniciativas xeradoras de emprego. En catro anos de traxectoria, pasou dos tres iniciaias a catorce traballadores, dos cales once son socios. Entre os seus fitos destaca a recuperación do Cine duplex de Ferrol e a distribución da recoñecida cinta ‘O que arde’ de Oliver Laxe.

O concello de Vedra foi o gañador na nova categoría dirixida a iniciativas municipais que fomentan o emprego de calidade. O xurado valorou os programas de apoio ó empredemento no rural coa posta en marcha dun centro de coworking en Santa Cruz de Ribadulla.

Tamén por primeira vez, estes premios distinguen a unha asociación de empresarios. A gañadora foi a de Ferrolterra polos numerosos servizos de apoio e asesoramento que presta dende hai máis de tres décadas.

Por último houbo un recoñecemento para a xornalista ferrolá Beatriz García Couce como mellor comunicadora en materia de emprego.

Cada un dos galardoados recibiu un trofeo de olería de Buño, un diploma acreditativo e un premio en metálico de quince mil euros

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí