POBRA> Os nacionalistas piden a cobertura da praza de xefatura á maior brevidade de tempo posible mediante convocatoria pública. Actualmente está cuberta en interinidade por un axente nomeado de xeito directo por alcaldía. Tamén solicitan que se dote ó corpo dos medios necesarios para poder desenvolver axeitadamente os seu traballo.
A través dunha moción presentada para o seu debate na vindeira sesión plenaria, os nacionalistas pídenlle ó equipo de goberno da convocatoria pública da praza de xefe da Policía Local. Dende a xubilación da persoa que ocupaba este posto, hai xa varios meses, a praza está a ser cuberta de xeito interino por outro axente que foi nomeado por alcaldía.
Os nacionalistas recollen tamén o malestar de moitos dos axentes pola falla de medios. Un problema que está a provocar, en moitos casos, que non poidan desenvolver axeitadamente o seu traballo.