Pesca apoia a acuicultura como complemento da actividade extractiva tradicional

    conselleirapesca_100_210706.jpgRIBEIRA > A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carme Gallego, desprazouse ata  Ribeira para visita-lo Centro Tecnolóxico Galego de Acuicultura, unhas instalacións xestionadas polo Clúster da Acuicultura de Galicia dirixidas a fomenta-la investigación e os avances no campo da cría de especies mariñas.

    Carme Gallego puido coñecer de cerca o Centro Tecnolóxico Galego de Acuicultura acompañada por varios responsables das instalacións que lle ían mostrando o funcionamento e o obxectivo de cada unha das salas das que dispoñen: engorde, incubación ou cultivo larvario entre outras.

    Unha vez rematada a visita, a Conselleira de Pesca quixo destaca-la importancia desta actividade que está en auxe e que ano tras ano vai incrementando a súa producción. Ademais apoiou a acuicultura como unha área complementaria á pesca extractiva tradicional para contribuir ó abastecemento da cidadanía. Neste senso mostrou o compromiso do goberno galego co desenrolo destas actividades a través do Plan Sectorial Acuícola, un proxecto que pretende incrementar os terreos dispoñibles para empresas do sector. conselleirapesca_200_210706.jpg

    Ademais, Carme Gallego ofreceu ó centro a posibilidade de participar no proxecto de investigación científica “Cidade do Mar” que se está a preparar en Vigo xa que a súa principal función é a experimentación no campo da cría de peixes, moluscos e outras especies mariñas.

    Redacción Barbanza