BOIRO> O BNG de Boiro denuncia irregularidades en varios procesos de contratación por parte do goberno municipal. Refírense ós reparos presentados polo departamento de Intervención no último trimestre de 2017. Son varios os reparos de intervención ós que se refiren os nacionalistas posto que entenden que vulneran os requisitos contemplados na lei de contratos do sector público. Varias dos procedementos superan tanto a contía máxima como o límite temporal establecido par aos contratos menores. Ademais de impedir que tódalas empresas concorran en igualdade de dereitos ás contratacións públicas, o BNG denuncia que a xestión por parte do executivo incumpre o principio de anualidade orzamentaria, obrigando a modificar o presuposto municipal para asumir os gastos. Ante estes feitos, demandan do goberno unha maior transparencia, eficencia na xestión e control do gasto.
Inicio BARBANZA