Morre afogado un octoxenario na praia de Carragueiros

    BOIRO > Un bañista de 86 anos morreu afogado na praia de Carragueiros en Cabo de Cruz a última hora da tarde do mércores. Trátase de Manuel Barreiro Blanco, nado en Mosteiro, no concello de Meis aínda que residente actualmente en Arxentina.

    afogado_300_270706.jpgA praia boiresa de Carragueiros en Cabo de Cruz foi escenario dun tráxico suceso, o falecemento dun home de 86 anos: Manuel Barreiro Blanco, natural de Mosteiro no concello pontevedrés de Meis aínda que residente na actualidade en Arxentina. Levaba dous meses en Galicia pasando unha tempada coa familia da súa dona, falecida tamén o pasado ano.

    Ó parecer o corpo do ancián apareceu flotando e foi sacado do mar por uns bañistas que lle practicaron no propio areal os primeiros auxilios. Nun primeiro momento críase que aínda se podía facer algo por salvarlle a súa vida.

    Polo de agora e á espera de que se confirme na autopsia as causas do falecemento todo parece indicar que se puido deber a un infarto.

    O tráxico episodio vivido neste areal boirés parece ser un caso puntual, xa que nos últimos anos non se produciron casos similares. A seguridade nesta praia que dispón de bandeira azul está ademais garantida coa presenza de socorristas durante toda a tempada do verán que realizan os labores oportunas de vixilancia.

    Redacción Barbanza