EU critica as falsas políticas que transmiten o PSOE e o PP

    guirado100_250208.jpgPONTEVEDRA > Juan José Guirado criticou as accións do PP e do PSOE que tanto un coma o outro practican políticas similares

    con discrepancias superfluas, aínda que con moita rivalidade afirmou o candidato de esquerdas xa que en ámbolos postos xóganse o máis importante; o poder.

    Fixo tamén referencia á crise económica que atravesa o país que segundo Esquerda Unida incrementarase no futuro sen que se poida remontar de xeito doado.Critica tamén a falsa democracia que predican os seus contrincantes políticos aludindo o tratado constitucional firmado en Lisboa sen necesidade de referendo e que nos ampara no marco europeo. Pero sobre todo criticou as políticas laborais discriminatorias que se practican en España.

    Redacción Salnés