O colectivo ‘Rañeir@s da Ría’, a pleno rendemento

RÍA DE AROUSA> Rañeiros da Ría xa funciona a pleno rendemento. Co ano novo, as confrarías arousáns asumen, baixo o paraugas deste colectivo, a xestión de xeito conxunto dos bancos de libre marisqueo dos Lombos, O Bohído e Cabío. A asociación nace co visto bo da Xunta, pero sen o apoio de tódolos pósitos: os de Carril ou Vilaxoán quedaron fóra de Rañeiros.

Ano novo, estratexia nova. Co arranque do 2019 tamén botou a andar Rañeiros da Ría. O colectivo foi creado para a xestión conxunta dos bancos de libre marisqueo dos Lombos, O Bohído e Cabío. A unión de seis confarías da ría de arousa nesta asociación vai permitir que sexan directamente os pósitos os que decidan sobre a súa explotación ou recuperación.

No derradeiro día de 2018, o plan específico de Rañeiros xa foi publicado no Diario Oficial de Galicia. Chegar ata ata aquí non foi doado. Atrás quedan longos meses de moito traballo, negociacións e infinidade de trámites administrativos.

Dende Rañeiros reiteran ese convite ós pósitos que quedaron fóra, como Carril ou Vilaxoán, para que se sumen ó proxecto.

Nestes primeiros días de vida, o colectivo sufríu xa un revés. Rañeiros quedou fóra dalgunhas axudas da administración, segundo entenden dende o colectivo, por un erro de forma na solicitude. Sexa como for, a asociación xa presentou alegacións para tentar facerse con eses fondos, segundo din, vitais para a continuadade do proxecto.