Quintana aposta en Vilagarcía polo produto propio para o desenvolvemento da acuicultura en Galicia

    VILAGARCÍA > Vilagarcía volve converterse este ano na capital da acuicultura. Do 5 ó 7 de setembro o recinto feiral de Fexdega volve acoller a feira internacional do sector. O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, apoiou coa súa presenza a feira. Durante o acto de presentación Quintana apostou polo produto propio e como clave do desenvolvemento do potencial de sector en Galicia.

    anxoquintanaacui_200_270706.jpgÁ súa chegada a Vilagarcía , o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, demostrou traer as ideas claras facendo unha aposta clara e decidida polo propio. A feira de Acuicultura será un escaparate no que se axude á comercialización do produto e se vexa unha implicación do sector. Quintana lembrou que Galicia é un grande referente nesta materia a nivel mundial.

    Quintana recalcou o apoio da Xunta ó sector da acuicultura a través da produción sustentable e (16.40) acompañado polo alcalde de Vilagarcía e mailo director da feira brindaron polo éxito do evento con prosdutos da terra. O director de ACUI destacou a importancia da faira dende que nacera o ano pasado e como en tan só nun ano apunta a se converter nun evento importante. anxoquintanaacui2_200_270706.jpg

    O 96 por cento dos expositores do ano pasado confirmaron xa a súa asistencia á edición deste ano. ACUI contará nesta ocasión cuns 120 expositores duns vinte países e prevé a asistencia dunhas sete mil persoas de 36 países diferentes.

    Redacción Salnés