Malestar dos bañistas polas obras de rexeneración en Tanxil

    RIANXO > Un grupo de bañistas da praia rianxeira de Tanxil amosaron o seu malestar ante as obras de rexeneración deste areal que está a levar a cabo o Ministerio de Medio Ambiente a través da Demarcación de Costas en Galicia. Segundo eles esta non é a mellor época para levar a cabo esta actuación, xa que causan enormes molestias ás persoas que habitualmente empregan este areal durante a época estival. O rexedor rianxeiro pediu desculpas por tales feitos e informou de que xa se puxo en contacto cos responsables de Costas e da empresa adxudicataria para que desenvolvan os traballos nun horario que non lle cause molestias ós bañistas.

    tanxil_200_010806.jpgA primeira hora da tarde e coa praia de Tanxil ateigada de xente os camións seguÍan realizando traballos de descarga de áridos. Esta circunstancia non foi ben acollida pola maioría dos bañistas deste areal que non entendían como a esas horas e a estas alturas do ano, en plena época estival, se podían estar a levar a cabo este tipo de actuacións. Máxime cando se trata dunha praia dotada de bandeira azul.

    Nada máis coñecer este feito o rexedor rianxeiro púxose en contacto coa Demarcación de Costas, que se encarga do proxecto de rexeneración deste areal, así como coa empresa adxudicataria dos traballos, para que desenvolveran estas obras nun horario no que non se lle causara molestias ós bañistas.

    Segundo Piñeiro Hermida estes traballos estaba previsto que se acometeran con anterioridade pero que por un ou outro motivo non se puideron realizar polo que pide comprensión e solicita desculpas.

    Redacción Barbanza