Medio Rural reforza o trampeo selectivo para frear o avance da avespa velutina

PORTO DO SON> O Conselleiro do Medio Rural desprazouse ata Porto do Son para supervisar a instalación de trampas para a avespa velutina. Alí, destacou as novas medidas que está a desenvolver a Xunta para frear a expansión desta especie invasora.

O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, supervisou os labores de instalación de trampas para a avespa velutina que se están a levar a cabo no concello de Porto do Son.

Ademais das numerosas intervencións desenvolvidas no marco do programa autonómico acordado coa FEGAMP, a Xunta segue a traballar en coordinación cos concellos para frear o avance desta especie invasora. Entre as medidas que están a levar a cabo figura a retirada de niños primarios e o trampeo selectivo.

A  formación dos distintos axentes que operan no territorio e a investigación son outros dos piares básicos do plan de prevención que desenvolve a Xunta. Levarase a cabo tamén unha campaña de divulgación entre a cidadanía para que colaboren nesta loita conxunta contra a praga da velutina.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí