NOIA> A Deputación da Coruña entregou un microbus de dezaoito prazas á asociación pro saúde mental A Creba. A entidade tiña solicitado un vehículo ante o mal estado que presentaba o seu parque móbil. A deputada provincial responsable da Área de Benestar Social, Ánxela Franco, e o deputado de Promoción Económica, José Luís García, desprazáronse ata as instalacións da asociación A Creba no polígono de Augalevada en Noia para facerlle entrega á entidadedo novo vehículo. Tratase dun minibus adaptado de dezaoito prazas financiado integramente pola Deputación da Coruña. Coa adquisición deste vehículo, a Deputación ven dar cobertura a unha demanda urxente da entidade que dá servizo a usuarios das comarcas do Barbanza e Muros- Noia. Ademais da recollida para asistir ós centros de rehabilitación de Ribeira e Noia, a entidade poderá dar continuidade ó seu programa de ocio con diferentes saídas e excursións. Este minibús forma parte dos once vehículos adaptados destinados pola Deputación a entidades sociais sen ánimo de lucro a través dunha liña de axudas de concorrencia competitiva.
Inicio NOIA