![]()
RIANXO > A Deputación Provincial da Coruña vén de dar a coñecer o nome da empresa que resultou gañadora do concurso para a construción da futura piscina municipal de Rianxo. Trátase da unión temporal de empresas formada por EOC Galicia e Hispánica. As obras poderian iniciarse xa o vindeiro mes de setembro.
Hai aproximadamente un mes o Presidente da Deputación da Coruña, Salvador fernández Moreda, visitaba, acompañado do alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro, a zona na que se ubicará a futura piscina municipal nesta localidade, nas pistas polideportivas existentes detrás do actual pavillón. Durante esa visita o Fernández Moreda informoulle ó rexedor rianxeiro sobre a inminente adxudicación das obras, un proceso que vén de rematar e que dou como resultado a contratación dos traballos á UTE formada por EOC Galicia e Hispánica.
En total foron seis as empresas que se presentaron ó concurso, sendo esta a opción máis ventaxosa xa que do 1’6 millóns de euros presupostado nun principio, a Deputación coruñesa conseguiu unha rebaixa en máis de 226 mil euros.Unha vez realizada a adxudicación, o inicio das obras podería realizarse o vindeiro mes de setembro.
As novas instalacións constarán de soto e pranta baixa. Nesta última emprazarase a piscina climatizada cun vaso de 25 por 12’5 metros e un volume de cincocentos metros cadrados. Instalaranse ademais tres vasos accesorios consistentes nunha piscina para a iniciación á natación, un jacuzzi e unha destinada ó tratamento termal. Nesta planta situaranse tamén os vestiarios, a sala de masaxe, a sauna, o baño turco e unha enfermería. O soto acollerá o ximnasio e o cuarto de instalacións.
Redacción Barbanza









