Pillado ‘in fraganti’ mentres intentaba roubar nun comercio da rúa Cristóbal Colón

RIBEIRA> Axentes da Policía Local de Ribeira detiveron a un home, con iniciais A.J.S., despois de ser sorprendido no interior dun comercio da rúa Cristóbal Colón.

O individuo accedera ó local despois de reventar a porta do establecemento. No momento da detención mesmo chegou a ameazar a golpear a un dos axentes que intentaban detelo.

Ó paracer este mesmo individuo intentara entrar nun vehículo da empresa Urbaser, concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza no municipio, e, ó non ser capaz, lanzou unha tapa da rede de sanemaneto contra a escaparate dunha tenda e posteriormente golpeou tamén a porta do supermercado da esquina da Rúa de Lugo e Rosalía de Castro, cortándose cando tentou acceder ó interior.

Por outra banda, na Pobra a Policía Local en colaboración ca Garda Civil procedeu tamén á detención dun veciño do municipio de 20 anos de idade acusado de tres delitos, despois de agredir e ameazar ó seu pai e ós axentes que participaron no arresto.

Durante o operativo, retiráronlle unha arma de aire comprimido para a que non tiña licenza. Está acusado dun delito de atentado a axentes da autoridade, outro de resistencia grave e un terceiro delito de violencia no ámbito doméstico polos que foi posto a disposición xudicial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí