BOIRO> Este vindeiro sábado Boiro saldará unha débeda pendente coa memoria histórica do municipio.
Farao coa inauguración dunha exposición permanente formada por catro paneis que recollen a información das 22 persoas represaliadas en Boiro, moitas das cales xa foron homenaxeadas no monumento dos mártires situado na rotonda de Cimadevila.
Os textos que acompañan esta mostra están escritos por Xosé Deira e buscan ser un recoñecemento e unha homenaxe para todos aqueles que foron represaliados.
Dende a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, que colabora coa inicitiva, agradeceron o esforzo e o compromiso do Concello en recuperar a memoria histórica do pobo.
Dende o Concello convíadase a toda a veciñanza, non só da localidade senón tamén de toda a comarca, a participar neste acto que terá lugar o sábado ás doce da mañá na Praza de Cimadevila, a carón do antigo Concello.