O rescate da concesión do parquing do Centenario, cuestión de días

RIBEIRA> O Concello está á espera de que se poidan desprazar á localidade os administradores concursais para proceder á realización deste trámite.

O executivo ribeirense está á espera da sinatura do acordo polo que se formalizaría definitivamente o rescate da concesión do párquing do Centenario. O trámite podería levarse a cabo nos próximos días. Só resta que se poidan desprazar a Ribeira os administradores concursais.

O Concello deberá posteriormente estudar as diferentes opcións que se barallan para a futura xestión deste aparcamento. Aínda que a primeira vista a idea do alcalde non pasa pola súa xestión directa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí