O lume non da tregua

    GALICIA > Oscila constantemente o número de incendios que seguen prendendo zonas de Galicia. Son arredor de cen. A maioría deles situados nas provincias de Pontevedra e A Coruña, segundo datos da Consellería de Medio Rural da Xunta. Medio Rural destaca que durante a noite diminuíu a intensidade do lume nos dous incendios máis importantes, aínda que continúa o despregue de medios terrestres para evitar que se reaviven pola gran superficie afectada e das escavadoras que van pechando o perímetro do lume.

    incendioscerponzons_300_090806.jpgEstradas

    Segundo a Dirección Xeral de Tráfico a Autopista do Atlántico no tramo que discorre entre Santiago de Compostela e Pontevedra ten a circulación atópase cortada en ámbolos dous sentidos. Solicitan ademais que non se empregue a Nacional 550 xa que é posible que se teña que cortar á altura da localidade de Valga entre os kilómetros 84 e 90. A oleada de lumes forestais que afecta ós montes galegos dende fai cinco días provocou o envío á Comunidade de máis axentes de unidades especializadas da Garda Civil, así como máis tropas do Exército e medios para facer fronte ás chamas.

    Máis tropas en camiño

    Segundo o Ministerio de Defensa, máis de 1.200 efectivos das Forzas Armadas dos tres exércitos despregaranse en Galicia, especialmente nas provincias máis afectadas polos incendios con novo material. Estes medios, sumados ós efectivos distribuídos en brigadas e patrullas despregados pola comunidade galega, supoñen un despregue de medios aéreos e terrestres ‘sen precedentes’ no territorio español.

    Redacción Salnés