Os incendios seguen queimando Galicia logo dunha semana

    GALICIA > Unha semana despois de que se iniciase a vaga de incendios en Galicia, máis dun cento permanecen aínda activos, dos que preto da metade están baixo control, segundo os últimos datos da Xunta. O presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, visitou a civís e soldados que participan nas tarefas de extinción, e anunciou o envío de máis medios militares para loitar contra o lume.

    a_rostrolume_300_100806.jpgO último balance da Consellería de Medio Rural informa de que os lumes máis graves sitúanse nas zonas de Mazaricos, Noia e Fisterra, na provincia da Coruña, e na Estrada, Cuntis, Oia e Pontecaldelas, en Pontevedra.

    O presidente Zapatero, que interrompeu as súas vacacións en Canarias brindou á Xunta o máximo apoio e expresou o seu agradecemento e ánimo para continuar o seu labor ós traballadores da base das Brigadas Helitransportadas do Campiño. Zapatero acompañado polas ministras de Agricultura, Elena Espinosa, e de Medio Ambiente, Cristina Narbona, e o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, foi recibido ás 10 da mañá por unha das dúas brigadas civís que traballan dende esta base, considerada un elemento básico para a prevención e extinción de incendios forestais na provincia de Pontevedra.

    Protección

    Para aclarar a orixe dos numerosos incendios, a Garda Civil ofrece protección ás testemuñas que poidan informar sobre a autoría dos lumes, así como recompensas, que non foron precisadas, para fomentar a colaboración cidadá na investigación destes casos.

    Redacción Salnés