Vilagarcía volverá vetar os centros comerciais cando se aprobe o novo PXOM

    VILAGARCÍA> O Alcampo que se está a construír na antiga finca de Megasa en Vilagarcía, pode nestes momentos modificar o seu proxecto e volver incluír tenda na súa área comercial. Aínda que non pode facer nada ata que non se aprobe o novo PXOM, o alcalde asegurounos hoxe que a cidade continúa coa súa política de non permitir centro comerciais. A polémica sobre a área comercial de Alcampo que se está a construir na antiga Megasa, en Vilagarcía, conta agora cun novo capítulo. A intención da firma, desde un primeiro momento, foi a de instaurar un modelo habitual noutros concellos, o de contar con varios establecementos comerciais rodeando o hipermercado central do proxecto. Pero o grupo socialista, actualmente no goberno, sempre se mostrou contrario á idea. Por iso, apostaron pola suspensión potestativa das licencias a este tipo de espazos. Polo que Alcampo, tivo que modificar o seu proxecto. AGora escríbese unha nova páxina no conflito, ó caducar esta suspensión de licencias sen que o goberno de Alberto Varela lograse aprobar a revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Esta suspensión aprobárase por un ano e non é prorrogable. Así, ata que esta medida non volva estar en vigor cando se aprobe o novo PXOM, calquera promotor pode presentar un proxecto para construir un centro comercial no municipio vilagarcián. Aínda que nestes momentos Alcampo teña vía libre, en canto o novo PXOM logre a aprobación inicial, que o alcalde agarda que se produza canto antes, tódalas licencias de carácter xeral quedarán en suspenso, para garantir o modelo de cidade que busca o goberno actual. En relación a críticas recibidas, o Varela afirma que o último que quere é espantar empresas da cidade tal e como lle achacaron. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/21/alcalde_vilagarcia_megasa_21032017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/21/alcalde_vilagarcia_megasa_21032017.mp4{/flowplayer}